|
X Edición da FESTA DO PEMENTO DE MOUGÁN
Na Carballeira de Meixaboi, en Guntín
NA CARBALLEIRA DE MEIXABOI DE GUNTIN PODERÁS DISFRUTAR DO SEGUINTE PROGRAMA:
Ás 12:30 Horas: Pasarrúas e concerto da Banda Municipal de Guntin.
Ás 13:30 Horas: Lectura do Pregón a cargo do prestixioso Mago Rafa.
Degustación gratuíta do “PEMENTO DE MOUGÁN”, e seguidamente todo aquel que o desexe, poderá traer o seu xantar á carballeira ou ben mercalo no Bar Bigotes, que se instalará no recinto.
Durante a tarde Actuación Especial dos compoñentes da Banda Municipal de Guntín que deleitarán aos asistentes con variadas e espectaculares actuacións musicais.
Ás 17:00 horas: Comezo do campionato de TUTE e ao mesmo tempo no Pavillón Polideportivo Municipal disputarase un Cuadrangular de Fútbol Sala Feminino.
A xornada rematará cunha verbena na mesma carballeira amenizada pola Orquestra Costa Dorada, verbena na que se fará entrega dos premios dos campionatos disputados durante a xornada.
ORGANIZA O CONCELLO DE GUNTIN DE PALLARES.
NOTA: O domingo 28 de agosto de 2.011, na mesma Carballeira de Meixaboi continuará a festa con diversas actuacións musicais ao longo do día, e así ás 16:30 horas o Grupo de música folk As Dúas ofrecerá o concerto titulado "Viaxe con voz de acordeón"
|