|
Sarria é o concello galego no que máis cantidade de plástico se recolle, en total 54 toneladas, seguido de Guntín, con algo máis de 42 toneladas. Fai ano medio a Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha este programa para recoller plásticos de ensilar. 142 Concellos adheríronse a este proxecto, aínda que só 93 -entre eles Guntín-, fixérono efectivo. Durante o 2005 recolleron 800 toneladas destes desfecitos, que representan un 10% do total que se xenera en Galicia.
Fonte: A Voz de Galicia
|