Inicio arrow Perfil do Contratante arrow Contratacións Programadas
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
Contratacións Programadas
BASES XERAIS PROGRAMAS DE COOPERACION 2011 PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTIN PDF Imprimir

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL ( PROGRAMAS DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA-ENTIDADES LOCAIS 2011 ) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES

 

1.- OBXECTO.-

 

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de "PEÓN ALBANEL (4), OFICIAL DE 1ª ALBANEL (1), PEÓN XARDINEIRO (1), E PEÓN LIMPEZA (1)", conforme co previsto nos artigos 12 e 13 da Orde de 30 de decembro de 2010 ( DOGA número 10 de 17/01/11 da Consellería de Traballo e Benestar, reguladora das axudas referidas a Programas de Cooperación Xunta de Galicia- Entidades Locais 2011 solicitadas polo Concello de Guntín de Pallares, Lugo e subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

 

As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web www.ayuntamientodeguntin.es

 

2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

 

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de duración determinada de interese social estando a súa relación laboral determinada polo que así estableza o Convenio Colectivo de edificacións e obras públicas provincial . Os contratos de traballo terán carácter temporal, cunha duración de 6 meses e a xornada será completa.

 

3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE

 

O proceso se iniciará exclusivamente, coa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo Público de Emprego de Galicia. O número de prazas a ofertar será de 7: 4 peóns albaneles, 1 oficial 1ª albanel, 1 peón xardiñeiro e 1 peón limpeza

A oficina de emprego comunicará aos candidatos o lugar, día e hora no que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín de Pallares a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.

 

4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES

 

Os aspirantes terán superado os estudos de:

 

TRABALL.

OCUPACIÓN

TITULACIÓN

4

Peón albanel

Certificado escolaridade ou equivalente

1

Oficial 1ª albanel

Certificado escolaridade ou equivalente

1

Peón xardiñeiro

Certificado escolaridade ou equivalente

1

Peón limpeza

Certificado escolaridade ou equivalente

 

5.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES

 

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.

a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base cuarta .No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

f) Ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

g) Con carácter xeral, non ser contratado no marco de programas de cooperación por un período superior aos nove meses nos tres últimos anos, contados dende a finalización do último contrato.

 

6.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN

 

6.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.-

 

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros:

 

Presidente

Secretario

3 Vogais

 

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.

Todos os membros do Tribunal terán voz e voto.

 

Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual.

 

O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada.

 

Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo.

 

6.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN

 

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.

 

7.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso

 

8.- BAREMO DE MÉRITO

Poderase obter ata un máximo de 5 puntos

 

 

8.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS

 

Titulación: certificado de escolaridade ou equivalente.

A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto.

 

8.2.- DESEMPREGO

 

A puntuación máxima neste apartado será de punto.

 

8.3.- ENTREVISTA CURRICULAR

 

A entrevista valorarase ata un máximo de 3 puntos.

A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca. Valoraráse a dispoñibilidade e coñecemento específico do posto de traballo, responsabilidade que comporta o seu desempeño, a súa capacidade de diálogo e de traballo en equipo, así como motivación, coñecemento do terreo no que vai a desenrrolar o seu traballo, etc.

 

9.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:

 

A) Documentación acreditativa dos méritos.

Os candidatos convocados polo Servizo Público de Emprego de Galicia, deberán presentar os seus méritos con anterioridade a data da entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:

Currículo vitae actualizado e acreditado mediante:

Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.

Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc.

- Certificado de períodos de inscrición emitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia

Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.

 

Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.

B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.

A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

 

10.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

 

A cualificación final virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

 

No caso de empate acudirase ao establecido no artigo 13.4 da Orde do 30 de decembro de 2011 ( DOGA número 10 de 17/01/2011) .

 

11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN

 

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín de Pallares e na páxina web da Entidade.

O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados .

 

No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,

 

En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma

 

12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

 

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación

a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.

e) Acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

f) Declaración xurada na que se manifeste que non foi contratado no marco de programas de cooperación por un período superior aos 9 meses nos 3 últimos anos, contados desde a finalización do último contrato

g) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria

O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

 

13.- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN

 

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.

A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas.

 

14.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.

 

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes

 

15.- RECURSOS.

 

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.

Concello de Guntín de Pallares, data 8 de agosto de 2011

Sinatura.

 
BASES SELECCION DE PERSOAL DE CARACTER TEMPORAL 1 AUXILIA AXUDA A DOMICILIO PDF Imprimir

 

 

ANUNCIO

O Concello de Guntín, convoca, en réxime laboral, por obra ou servizo de duración determinada a tempo completo, as seguintes prazas para a súa provisión mediante concurso de méritos:

 

- 1 praza de auxiliar de axuda a domicilio

- Duración do contrato: 1 ano

- Duración da xornada: 40 horas semanais .

- Data e hora da selección: 18 de xullo de 2011 as 10:00 horas.

- Lugar de selección: Casa do Concello de Guntín, sita en crta/Santiago nº 12 -27211-Guntín de Pallares-Lugo

 

Os interesados en participar poderán presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Guntín, antes da hora fixada para a entrevista, a documentación que acredite os méritos que alegue o interesado/a.

 

Bases da convocatoria: os interesados poderán consultar as bases da convocatoria no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina Web do Concello www.ayuntamientodeguntin.es, no apartado perfil do contratante.

 

Guntín, 8 de xullo de 2011.

 

O Alcalde,

 

 

PROPOSTA DE BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GU NTÍN

 

1.- OBXECTO.-

 

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de un auxiliar de axuda a domicilio.

 

As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web www.ayuntamientodeguntin.es

 

 

2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

 

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de obra ou servizo. Os contratos de traballo terán carácter temporal, cunha duración de doce meses e a xornada será completa.

 

3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE

 

O proceso se iniciará coa publicación da oferta de emprego no diario O Progreso, e no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello. O número de prazas a ofertar será de 1 auxiliar de axuda a domicilio.

En dita oferta comunicaráse aos candidatos o lugar, día e hora no que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín de Pallares a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.

 

4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES

 

Os aspirantes terán superado os estudos de:

 

TRABALL.

OCUPACIÓN

TITULACIÓN

1

 

Auxiliar de axuda a domicilio

Auxiliar de enfermería en xeriatría

 

 

 

Carnet de conducir

 

 5.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES

 

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.

a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base terceira.No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

 

6.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN

 

6.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.-

 

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros:

 

Presidente

Secretario

4 Vogais

 

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.

Todos os membros do Tribunal terán voz e voto, agás o secretario.

 

Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual.

 

O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada.

Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo.

 

6.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN

 

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.

 

7.- SISTEMA DE SELECCIÓN

 

O sistema de selección será o concurso

 

8.- BAREMO DE MÉRITO

 

Poderase obter ata un máximo de 24 puntos.

 

8.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICA

 

Graduado escolar: 1 punto

 

8.2.- OUTRAS TITULACIÓNS:

 

Titulación: auxiliar de enfermería en xeriatría (obrigatorio): 1 punto

Titulación: carnet de conducir (obrigatorio). 1 punto.

 

8.3.- CURSOS, ESTUDOS, XORNADAS RELACIONADAS COAS FUNCIÓNS DO POSTO A QUE SE OPTASE:

 

Valoraranse con un máximo de 5 puntos ( 0.03 puntos por hora ).

 

Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións da praza á que se opta.

 

PUBLICACIÓNS, PROXECTOS, MASTERS, ETC, RELACIONADAS/0S COAS FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Valoraranse a criterio do Tribunal en función do contido das mesmas e da relevancia para o traballo a desenvolver.

 

8.4.- IDIOMA GALEGO

 

A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto

 

O coñecemento do idioma galego puntuarase do seguinte xeito:

 

-CELGA 3 , curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos.

 

-CELGA 4, Curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galgas para estranxeiros 1º e 2º e 3º curso da escola oficial de idiomas 1 punto.

 

Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos ou titulacións puntuándose, en consecuencia, polo curso ou titulación de nivel superior.

 

Só se lle concederá validez, polo que á acreditación do idioma galego se refire, aos Cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

 

8.5.- EXPERIENCIA PROFESIONAL

 

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 3 puntos

Por cada mes de servizos prestados na Administración Local nun posto de igual ou similares características: 0,5 por mes traballado

 

Por cada mes de servizos prestados nunha empresa privada nun posto de iguais ou similares características: 0,25 por mes traballado

 

8.6.- PROBA DE COÑECEMENTOS: consistirá nun exercicio tipo teste de 10 preguntas (con varias respostas alternativas e unha será verdadeira), que versará sobre aspectos xerais de Administración Local, así como sobre coñecementos especíticos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver.

 

O tempo máximo para realizar esta proba será de 30 minutos.

 

Cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario para superar este exercicio obter como mínimo 2,5 puntos, correspondendolle ao Tribunal, cando o número de aspirantes sexa notoriamente elevado ou notoriamente baixo en relación ao emprego a cubrir, determinar o número de respostas esixido para acadala puntuación minima. Para iso teráse en conta que por cada dúas respostas incorrectas descontarán unha correcta, e as respostas en branco non computan.

 

Este exercicio e obrigatorio e eliminatorio.

 

8.7.- ENTREVISTA CURRICULAR

 

A entrevista valorarase ata un máximo de 6 puntos.

A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca

 

9.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:

 

A) Documentación acreditativa dos méritos.

 

Os candidatos , deberán presentar os seus méritos con anterioridade a data da entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:

 

Currículo vitae actualizado e acreditado mediante:

Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.

Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc.

Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.

 

Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.

 

B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.

 

A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

 

10.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

 

A cualificación final virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

 

11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN

 

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín e na páxina web da Entidade.

O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados .

 

No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,

 

En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma

 

12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

 

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.

g) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria

O prazo de presentación será de 2 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

 

RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN

 

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.

A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas.

 

13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.

 

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes

 

14.- RECURSOS.

 

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.

 

Concello de Guntín, 22 de xullo de 2011.

 
BASES PARA A SELECCION DE 2 CONDUCTORES/AS DE VEHICULO MOTOBOMBA PDF Imprimir

PROPOSTA DE BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTIN

1.- OBXECTO.-

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de DOUS CONDUCTORES CARROCETA, conforme co previsto no convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Guntín para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba

As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na paxina Web do Concello

2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de obra ou servizo estando a súa relación laboral determinada polo que así establezca o Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Guntín para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais . Os contratos de traballo terán  carácter temporal, cunha duración aproximada de 3,5 meses e a xornada será completa.

3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE

O proceso se iniciará, coa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo Público de Emprego de Galicia e a publicación das bases na paxina Web do Concello e no taboleiro de anuncios. O número de prazas a ofertar será de dúas.
A oficina de emprego remitirá ao Concello os curriculums dos candidatos seleccionados e o Concello poñeráse en contacto con eles para indicarlles  o lugar, día e hora no que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.

Tamén poderán presentarse a selección todos aqueles candidatos que reúnan os requisitos e que se enteraran por outros medios (páxina Web ou taboleiro de anuncios do Concello) do proceso selectivo para a provision dos postos de conductures de motobomba, sempre que se presente tamen con anterioridade a hora fixada para a entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín, a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.

4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES

Os aspirantes terán que posuir o permiso de conducción C

5.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.
a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57  da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo. (son excluyentes lesións de corazón, pulmón ou intestinales, trastornos psicolóxicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermedades infecciosas e obesidade. En mulleres o embarazo. A cegueira e sordeira son igualmente cuasas de exclusión).
c) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder de 60 anos.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base cuarta .No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

6.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN

6.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.-

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros:

Presidente
Secretario
3 Vogais

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.
Todos os membros do Tribunal terán voz e voto

Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual.

O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada.
Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior  nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo.

6.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN

 O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.
7.- SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección será o concurso
8.- BAREMO DE MÉRITOS
Poderase obter ata un máximo de 5 puntos
8.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS

Será obrigatorio posuir o permiso de conducción C
Graduado escolar: 1 punto.


8.2.- EXPERIENCIA PROFESIONAL

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 1,5 puntos

a) por experiencia profesional na administración local, como conductor da carroceta de incendios: 0,5  puntos por mes traballado, máximo 3 meses

b) Por experiencia profesional na administración local en extinción de incendios: 0,25 puntos por mes traballado, máximo 3 meses.

8.3.- DESEMPREGO

A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto.

8.4.- ENTREVISTA CURRICULAR

A entrevista valorarase ata un máximo de 1,5 punto.
A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca. Valoraráse a dispoñibilidade e coñecemento específico do posto de traballo, responsabilidade que comporta o seu desempeño, a súa capacidade de diálogo e de traballo en equipo, así como motivación, coñecemento do terreo no que vai a desenrrolar o seu traballo, etc.


9.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:

A) Documentación acreditativa dos méritos.  
Os candidatos convocados polo Servizo Público de Emprego de Galicia, deberán presentar os seus  méritos con anterioridade a  entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:
Currículo vitae actualizado e acreditado mediante:
- Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron ou certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou contratos de traballo, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.
- Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters etc.
Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.
Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse  na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.
 B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.
A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

10.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

A cualificación final  virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de GUNTIN
O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados .

No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,

En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma

12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación
a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.
b) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados  xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.
d) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria
O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

13.-RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.
A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas.

14.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes

15.- RECURSOS.

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o  Sr. Alcalde- Presidente do Concello de.GUNTIN no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.

Concello de Guntín, 29 de xuño de 2011
Sinatura.

 
BASES XERARIS PARA A SELECCION DE PERSOAL PARA O POSTO DE LIMPADOR MANTENEDOR DE PISCINAS MUNICIPAIS PDF Imprimir

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL  PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTÍN 

1.- OBXECTO.- 

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de dúas persoas para o posto  de limpador-mantenedor piscinas municipais,  dado a necesidade urxente de persoal para a prestación de servizos nas piscinas municipais, por un período de dous meses. 

As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina Web do Concello (www.ayuntamientodeguntin.es) 

A selección levaráse a cabo o día 29 de xuño ás 10:00 horas, na Casa do Concello de Guntín.

 

 2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de obra ou servizo de duración  determinada  estando a súa relación laboral determinada polo que así estableza o Convenio Colectivo de  aplicación. Os contratos de traballo terán  carácter temporal, cunha duración de dous meses e medio e a xornada será completa. 

3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE

O proceso se iniciaráse coa publicación da oferta de emprego no diario O Progreso e no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina Web do Concello. O número de prazas a ofertar será de dous limpadores-mantenedores de piscinas.

En dita oferta comunuicaráse aos candidatos o lugar, día e hora ó que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.  

4.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES 

Os aspirantes terán superado os estudos de : Certificado de escolaridade. 

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.

a)      Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57  da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b)      Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira.En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.

c)      Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d)      Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e)      Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base terceira.No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

f)        Ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

5.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN 

5.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.- 

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros: 

Presidente

Secretario

3 Vogais 

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.

Todos os membros do Tribunal terán voz e voto  

Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual.

O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada.

Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior  nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo. 

5.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN  

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.  

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN 

O sistema de selección será o concurso  

7.- BAREMO DE MÉRITO 

Poderase obter ata un máximo de 6 puntos 

7.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS 

Estar en posesión do certificado de escolaridade ou similar.A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto. 

7.2.- DISPOÑIBILIDADE  Dispoñibilidade inmediata 1 punto. 

7.3.- DESEMPREGO Por estar en situación de desemprego 1 punto 

7.4.- ENTREVISTA CURRICULAR 

A entrevista valorarase ata un máximo de 3 puntos.A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca  

8.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS: 

A) Documentación acreditativa dos méritos.

Os candidatos  deberán presentar os seus  méritos con anterioridade a data da entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:

-          Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.

Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados. 

-   Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc.  Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse  na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.           

B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.

A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten. 

9.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

A cualificación final  virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

10.- PROPOSTA DE SELECCIÓN 

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín

O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados . 

No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,

 En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma 

11.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN 

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación

a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados  xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.

e) Acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

f) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria

O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade. 

12- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.

A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas. 

13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes 

14.- RECURSOS.

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o  Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.

Concello de Guntín, 22 de xuño de 2011

Sinatura.  

 

 
BASES XERAIS SELECCION DE PERSOAL PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTIN NO POSTO DE SOCORRISTA PDF Imprimir

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL  PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTÍN  PARA O POSTO DE SOCORRISTA

 

1.- OBXECTO.-

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de 2 SOCORRISTAS, dado a necesidade urxente de persoal para a prestación de servizos nas piscinas municipais, por período de dous meses e medio

As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web do concello www.ayuntamientodeguntin.es

A selección levaráse a cabo o día 29 de xuño ás 10 horas na Casa do Concello de Guntín.

2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de obra ou servizo estando a súa relación laboral determinada polo que así estableza o Convenio Colectivo de  aplicación. Os contratos de traballo terán  carácter temporal, cunha duración de dous meses e medio e a xornada será completa.

3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE

 

O proceso se iniciará exclusivamente, coa publicación da oferta de emprego no diario O Progreso e no taboleiro de anuncios  do Concello e na páxina Web do Concello. O número de prazas a ofertar será de dous socorristas

En dita oferta comunicaráse aos candidatos o lugar, día e hora ó que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante.

4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES

Os aspirantes terán superado os estudos de:

TRABALLADORES

OCUPACIÓN

TITULACIÓN

2

SOCORRISTA

SOCORRISMO ACUÁTICO

     

 

5.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES

 

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.

  • a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira.En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.
  • c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • e) Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base terceira.No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

 

6.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN

6.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.-

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros:

Presidente

Secretario

3 Vogais

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.

Todos os membros do Tribunal terán voz e voto

Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual.

O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada.

Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior  nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo.

6.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN

 O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.

 

7.- SISTEMA DE SELECCIÓN

 

O sistema de selección será o concurso

 

8.- BAREMO DE MÉRITO

Poderase obter ata un máximo de 7 puntos

8.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS.

Estar en posesión do Graduado Escolar ou equivalente: 1 punto.

8.2.- CURSOS, ESTUDOS, XORNADAS RELACIONADAS COAS FUNCIÓNS DO POSTO A QUE SE OPTASE:

Curso de socorrismo acuático (obrigatorio) : 1 punto.

Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións da praza á que se opta.

PUBLICACIÓNS, PROXECTOS, MASTERS, ETC, RELACIONADAS/0S COAS FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Valoraranse a criterio do Tribunal en función do contido das mesmas e da relevancia para o traballo a desenvolver.

 

8.3.- IDIOMA GALEGO

A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto

O coñecemento do idioma galego puntuarase do seguinte xeito:

-CELGA 3 , curso de iniciación,  a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos.

-CELGA 4, Curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galgas para estranxeiros 1º e 2º e 3º curso da escola oficial de idiomas 1 puntos.

Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos ou titulacións puntuándose, en consecuencia, polo curso ou titulación de nivel superior.

 

Só se lle concederá validez, polo que á acreditación do idioma galego se refire, aos Cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

8.4.- DESEMPREGO

Por estar en situación de desemprego: 1 punto.

8.7.- ENTREVISTA CURRICULAR

A entrevista valorarase ata un máximo de 3 puntos.

A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca

9.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:

A) Documentación acreditativa dos méritos.

           

Os candidatos  deberán presentar os seus  méritos con anterioridade a hora da entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:

  • - Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.
  • - Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc.

Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.

Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse  na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.

            B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.

A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

 

10.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

 

A cualificación final  virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.

 

11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN

 

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín e na páxina web da Entidade.

O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados .

No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,

En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma

12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

 

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación

a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados  xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.

e) Acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

g) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria

O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

-RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.

A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas.

13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.

 

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes

 

14.- RECURSOS.

 

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o  Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.

Concello de Guntín, data 22 de xuño de 2011.

Sinatura.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Fin >>

Resultados 1 - 9 de 13
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007