Inicio arrow Parroquias
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
PARROQUIAS PDF Imprimir


Lousada, San Mamede de
Freguesía pertencente ao arciprestado de Pallares, delimitada polos termos de Campo e Saa polo norte; Santa Baia de Lousada polo sur; San Román polo leste e Castelo polo oeste. Os seus 129 habitantes agrúpanse nas entidades de Cancelo dos Sixaos e San Mamede, e a súa densidade media por entidade é de 41'6 hab./Km2. Dentro do termo parroquial atopamos pegadas prehistóricas coma o castro de Lousada, onde se atopou unha ara votiva dedicada á divindade Navia, que se conserva no Museo Provincial de Lugo.

Lousada, Santa Baia de
Freguesía pertencente ao arciprestado de Pallares, delimitada polas parroquias de San Mamede de Lousada polo norte; Mosteiro e Mougán polo sur; San Romao polo leste e Castelo polo oeste. Segundo o censo de poboación de 1991, contaba con 83 habitantes agrupados na entidade de Lousada. Dentro do termo parroquial sitúase a casa de Lousada, bo exemplo da arquitectura civil, realizada en cachotería de lousa.

Monte de Meda, San Cibrán de

Freguesía anexa de San Martiño de Monte de Meda, pertencente ao arciprestado de Gomelle e delimitada polas parroquias de Gomelle polo norte; Vilameá e Pradeda polo sur; Santa María Madalena de Monte de Meda polo leste e Gomelle e Vilameá polo oeste. Conta con 50 habitantes, segundo o censo de 1991, agrupados nas entidades de San Cibrao e Vilar dos Cregos.

Monte de Meda, San Martiño de
Freguesía pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle, delimitada polos termos parroquiais de Monte de Meda polo norte; Pradeda e Castelo polo sur; Constante polo leste e San Cibrao de Monte de Meda polo oeste. Conta con 131 habitantes agrupados en 7 entidades de poboación e a súa densidade media por entidade, segundo o censo de 1991, é de 37'4 hab./Km2. Na diplomática medieval da igrexa de Lugo aparece frecuentemente citado o nome desta freguesía, aínda que os documentos máis antigos cos que se conta foron asinados, respectivamente, polos reis Afonso III e Alfonso V nos anos 897 e 1027. No castro do Picato atopáronse recentemente varias pezas de cerámica e unha ara dedicada á divindade Navia.



 
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007