|
Páxina 5 de 6
Piñeiras, San Mamede de
Freguesía anexa de Santa María Madalena de Mougán, pertencente ao arciprestado de Pallares e delimitada por Mougán polo norte; Fiz de Rozas e Navallos polo sur; Fiz de Rozas polo leste e Francos e Navallos polo oeste. Conta con 85 habitantes, segundo o censo de 1991, agrupados nas entidades de Berlai e Piñeiras.
Pradeda, Santa Baia de
Freguesía pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle, delimitada polos termos de San Cibrao e San Martiño de Monte de Meda polo norte; Ferreira de Pallares e Zolle polo sur; Castelo e Zolle polo leste, e San Cibrao de Monte de Meda, Vilameá, Entrambasaugas e Guntín polo oeste. Conta con 258 habitantes, segundo o censo de 1991, agrupados en 11 entidades de poboación, cunha densidade media por entidade de 39'7 hab./Km2. O templo parroquial data do século XVIII.
Retorta, San Román da
Freguesía pertencente ao arciprestado de Coutos da Dereita, delimitada polas parroquias de Guimarei e Vilafiz polo norte; Seixón polo sur; Mera e Sirvián polo leste, e San Xoán de Apregación e Pacio polo oeste. Conta con 132 habitantes, segundo o censo de 1991, agrupados en 7 entidades de poboación cunha densidade media de 23'5 hab./km2. Toda a comarca de Retorta tivo un pasado prolixo. Da súa prehistoria quedan pegadas no castro da Retorta e de época romana é unha columna miliaria cilíndrica que se conserva no Museo de Astorga. O seu templo parroquial é románico.
Retorta, Santa Cruz da
Freguesía anexa de San Román da Retorta. Limita ao norte con San Romao da Retorta, ao sur con Vilamaior de Negral; ao leste con Sirvián e ao oeste con Pacio. No censo de 1991 contaba con 80 habitantes distribuídos en catro entidades de poboación cunha densidade media de 14´5 hab/km2. O seu templo parroquial conserva os elementos románicos orixinais.
Santa Uxía, San Xoán de
Freguesía anexa da parroquia de San Vicenzo de Vilamerelle, pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle e diócese de Lugo. Limita ao norte coas de Zolle e Grolos; ao sur con Recelle; ao leste con Grolos e Recelle e ao oeste con Vilamerelle. En 1991 contaba con 38 habitantes e cunha entidade de poboación dunha densidade media de 21´1 hab/km2.
|