Inicio arrow Parroquias
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
PARROQUIAS PDF Imprimir

Sirvián, Sta. María de
Freguesía anexa da parroquia de San Martiño de Vilameá, pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle e diócese de Lugo. Limita ao norte con Mera e Bacurín; ao sur con Emtrambasaugas; ao leste con Lamela e ao oeste con San Román, Sta. Cruz da Retorta e Vilamaior de Negral. En 1991 tiña 75 habitantes distribuídos en cinco entidades cunha densidade media de 12´1 hab/km2. Nesta parroquia estivo situada a torre de Sirvián, tamén chamada O Castelo dos Mouros.

Vilamaior de Negral, San Lourenzo de
Parroquia pertencente ao arciprestado da Ulloa e diócese de Lugo. Limita ao norte con Pacio e Santa Cruz da Retorta; ao sur con Carteire e Entrambasaugas; ao leste con Sirvián e Entrambasaugas e, ao oeste con Pacio e Ribeira. En 1991 contaba con 111 habitantes distribuídos en catro entidades de poboación cunha densidade media de 11´9 hab/km2.


Vilameá, San Martiño de

Parroquia pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle e diócese de Lugo. Limita ao norte con Lamela e Gomelle; ao sur con Entrambasaguas, Guntín e Pradeda; ao leste con San Cibrao de Monte de Meda e Pradeda e ao oeste con Entrambasaguas. En 1991 contaba con 83 habitantes distribuídos en catro entidades cunha densidade media de 19´3 hab/k2.

Vilamerelle, San Vicente de
Parroquia pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle e diócese de Lugo. Limita ao norte con Ferreira de Pallares e Zolle; ao sur con Recelle e Vilaxuste, ao leste con Santa Uxía e ao oeste con Vilaxuste. En 1991 contaba con 44 habitantes distribuídos nas entidades de Frameán, San Vicente e Vilamerelle, cunha densidade media de 36´6 hab/km2.

Vilermao, San Miguel de
Freguesía anexa de San Vicente de Vilamerelle e pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle. Limita ao norte e ao leste con Ourón; ao sur con Fiz de Rozas e ao oeste con Recelle. En 1991 contaba con 40 habitantes na entidade de Vilermao a densidade media é de 33´3 hab/km2.

Zolle, Sta. María de
Freguesía anexa do Salvador do Castelo e pertencente ao arciprestado de Ferreira de Gomelle. Limita ao norte con Pradela e O Castelo; ao sur co Castelo e Grolos; ao leste con Vilamerelle e Santa Uxía e ao oeste con Pradeda e Ferreira de Pallares. En 1991 contaba con 129 habitantes nas entidades de Fontao, Vigo, Zaide e Zolle, cunha densidade media de 24´3 hab/km2. En Zaide consérvase un castro no que se atopou un sartego prerromano antropoide, depositado actualmente no Museo Provincial de Lugo

 



 
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007