Inicio arrow Historia e arte
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir


escudo.jpg
O ESCUDO DO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES.

Sen entrar a analizar con minucioso detalle todos os elementos que compoñen o escudo, si faremos referencia aos máis destacados deste: as ondas de cor azul que aparecen na súa parte inferior e o brazo sostendo tres espigas douradas.


As ondas de auga fan referencia ás augas termo-sulfurosas que se encontran na parroquia de San Salvador de Francos. Estas aguas, sen dúbida, foron as que deron orixe ao nome que aparece nas táboas de Ptolomeo, que nomea o territorio de Guntín como Aqua Quintinae.
O outro elemento do escudo é o brazo que colle tres mazarocas. Sobre este elemento hai unha historia que aparece referenciada na obra “Argos Divina” (historia da diócese luguesa) do Dr. Juan Pallares y Gayoso publicada no ano 1700. A historia conta que en tempos de Alfonso II, O Casto (791-842), o conde de Pallares realizou unha fazaña que salvou a cidade de Lugo do asedio dos mouros que, tal e como se cita na obra, tentaban de entrar nela. Fálase de que era o tempo da colleita e de que os mouros trataban de que a cidade caese rendida aos seus desexos por causa da fame. Foi daquela cando unha noite e sen que ninguén o vise, o devandito conde de Pallares saíu da cidade e segou unha presa de espigas que meteu na cidade. Á mañá seguinte, e cando os mouros xa se daban como vencedores, apareceu o Conde de Pallares, armado, no alto da muralla para guindar as espigas que recollera a noite anterior. O mouro, ao ver isto, pensou que lograran entrar reforzos e provisións na cidade que estaba asediando polo que, acto seguido, levantou o cerco ao que tiña sometida a cidade.
As espigas douradas, como se cita na obra de Juan Pallares, aclamaron o merecemento do valor do conde que as colleu nunha manopla, salpicadas de sangue, para o escudo das súas armas e primitiva casa de liñaxe antiga no Coto de Francos, sobre o Miño, e a dúas leguas da cidade de Lugo, que como os once condes eran caudillos nas conquistas, tiñan castelos aos que chamaron solares e tan antigos que xa eran condes nos tempos dos suevos, como consta no segundo Concilio lucense, onde están sinalados os distritos.

 

 



 
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007