Inicio arrow Historia e arte
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir


FORTALEZAS QUE NO SEU DÍA EXISTIRON NO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES.-



TORRE DE QUINTELA.-

Pertenceu ao señorío dos Camba e Taboada. A comezos do século XVII era dono dela D. Lope de Camba e Taboada, cura párroco de San Cristovo de Souto, na Peroxa (Ourense), quen outorgou testamento o día 9 de agosto de 1613, perante o escribán do termo da Peroxa, D. Pedro de Novoa, a favor da súa sobriña doña Iseo López de Taboada, cona de D. Ares Conde Monterroso e Quiroga, e filla de D. Pedro Pardo de Trebolle e de Dona María López de Taboada, que a instituíron herdeira no usufruto de todos os seus bens e inmobles e raíces, que quedaron vinculados á capela de Santa María de Ferroi, e á que lle conferiron o seu padroado.
“Se dispone además, que todos sus bienes declarados y aqullos que tuviese as tiempo de su fallecimento anduviesen siempre juntos, incuerporados, unidos, hipotecados expresamente a la citada capilla, y que el patrón y sus sucesores la tendrían siempre de la misma manera y ser solamente señores del usufructo, sin que pudiesen ser vendidos ni enajenados, ni recaer sobre ellos gravamen de clase alguna. Al mismo tiempo también se preveía que la persona o personas que hubiesen de suceder en este vínculo y capilla, no podrían casarse con personas que tuviesen, o se sospechase que pudiesen tenerr, defectos de raza judía o mora, o penitenciado, sopena de perder el derecho, el cual pasaría a otro sucesor siempre que dichos sucesoresye patrones conservasen la capilla y nobleza que D. Lope tenía y heredara de sus predecesores.
A Doña Iseo López de Taboada, se la instituyó como heredera en este vínculo y patrón de la capilla de Ferroi, para que llevase todos sus bienes y herencia durante los días de su vida, debiendo sucederla su hillo varón si lo tuviese, al cual le habían de poner el nombre del testador. No teniendo hijo varón, el vínculo pasaría a su sobrino D. Alonso Vázquez de Taboada, vecino de la villa de Portomarín, hermano de Doña Iseo López de Taboada, determinándose además las posibles sucesiones que habían de recaer siempre en varón, no pudiendo ser ni en cura ni en fraile ni pertencer a orden ninguna salvo a la de caballería de estos reinos.


Noutras cláusulas do testamento, tamén se dispón o seguinte:

Mando, que cuando la voluntad del Señor Jesucristo fuese servido llamarme, que mi cuerpo sea sepultado en la capilla que hago y fundo en Santa María de Ferroi en tierra de pallares, y si Dios fuese servido de llevarme en mi beneficio de San Cristóbal de Souto, mando deposite mi cuerpo en la capilla mayor de dicha iglesia de San Cristóbal y después se lleven mis huesos a la capilla de Santa María de Ferroi. Que lleven con mi cuerpo el día del entierro de ofrendas , seis carneros, dos fanegas de centeno y una carga de vino blanco y que un año y un día se ofrende cada domingo, pan, vino y fuego...y mando que la feligresía de San Estebo da Mota y Santa María de Ferroi, se vistan seis pobres de los más necesitados, de sayos, capotes y greguescos y si allá falleciese, me acompañen a mi entierro con hachas de cera que les den.
Que luego que Dios me llevase, se diga con cuidado una misa delante del Santo Crucifijo de Ourense y otra en la capilla de los Ojos Grandes de la Catedral de Lugo, suplicando a Nuestro Señor, libre mi alma de las penas drlo Purgatorio.
Mando que mi entierro se haga con la pompa fúnebre que fuese posible y hábito clerical, como es costumbre y se diga en la iglesia una vigilia de tres nocturnos y mando para ella tres ducados.
Mando que si mi sobrina Inés López de Taboada se casare con persona hidalga y viviense honestamente, se le den de mis bienes, cien ducados para su dote, pagados a lo largo de diez años, dándole diez ducados por año, y que corran desde el día de mi fallecimiento.
Mando a mi ama María Fernández Dargdonde, que viva en mi torre que está sita en el lugar de Quintela, para todos los días de su vida ye lleve y usufructúe toda la renta que se me paga en dicho lugar de Quintela, que son: dieciséis fanegas de pan, un puerco cebado, abierto en canal y seis capones y un carnero y un cabrito y huevos, por los días de su vida, le mando además un mollo y medio de vino blanco que se me paga en Castravian por los herederos de Pedro de Trunca....y mando que lleven todos los bienes muebles que teiene conforme a un recuento que hizo delante de Vasco de Novoa, escribano, firmado de mi nombre....
Mando que, ao mi heredero y patrón, le den cincuenta ducados de los muebles y usufructo a pagar en cinco años, cada añao diez, a Pedro de Camba, mi sobrino, para que ponga a sus hillos a estudiar en Lugo, y si no los pusiese a estudiar, no se le dé cosa ninguna, ni que él pueda pedir en nombre de ellos cosa alguna”.
Estas foron algunhas das notas máis significativas do testamento de D. Lope de Camba. Os bens que posuía eran, entre outros: o lugar de Quintela coa súa torre, na freguesía de San Estéban da Mota; o de Outeiro, na freguesía de Santiago de Ferroi e o lugar de Agra, na de Santa María de Ferroi.
O lugar de Quintela, onde estivo situada a torre, localízase entre Peimoure e A Mota. Ao derrubala, a comezos do século XX, conservaba un escudo de armas dos Camba e Taboada, que agora está na ampliación da casa da torre.
A igrexa de Santa María de Ferroi conserva no seu brazo dereito a capela fundada por D. Lope de Camba e Taboada, señor da Torre de Quintela, datada en 1613, construída con pedra granítica e cunha bóveda de crucería con lixeiros adornos, entre eles, unha serpe, un peixe e unha roseta. No chan da nave da igrexa hai unha pedra sepulcral de D. Álvaro de Taboada, brasonada con catro barras no centro e na bordadura oito caldeiros. Sobre a porta de entrada á capela aparece un escudo heráldico de tres cuartos, de forma medio cortado e partido, das que só están ocupados os dous primeiros cuartos coas armas dos Taboada e dos Camba.


TORRE DE TOSENDE

Nas terras do antigo condado de Pallares, bañadas no S.L polo río Miño, ao cal se une polo S.O o Ferreira Grande con varios regatos e arroios, afluentes que fertilizan e lle dan gran vida ao terreo, están situados os restos da torre de Tosende, no lugar deste nome, dentro da freguesía de Santiago de Ferroi.
Sen dúbida, esta torre formaba parte dunha cadea de fortes establecidos polo señorío para a defensa e para a vixilancia das terras de labranza e gandos daquela rica e fértil comarca, e as súas vías de comunicación. Así o indican a presenza de lugares estratéxicos próximos e dominantes como son o Castelo da Mota, as torres de Francos, Lousada, Quintela, Santa Euxea e San Fiz do Hermo.

Consérvase parte da torre que sufriu varias reformas para convertela en vivenda, hoxe en día dedicada a casa de labor. A torre consta de dous andares, os seus muros de grande anchura están feitos de lousa agás nas fiestras grandes que se enmarcan en granito. Cando sufriu a reconstrución, colocouse unha fiestra que ten como lintel unha peza de granito procedente da antiga torre, na que aparece a figura tallada dun cáliz coa hostia no centro e dúas rodas de carros aos seus lados (símbolo dos Camba). Na parte inferior dereita, sobre un dos adornos, está colocado un paxaro e, na parte alta, unha árbore pequena.

En referencia á citada torre, aparece un documento datado no ano 1710 relativo a un expediente incoado perante a xustiza ordinaria da cidade de Lugo, por parte do Licenciado D. Pedro Antonio da Vila, escribán, contra doña Isabel Díaz de Páramo Montenegro, viúva de D. Benito Pérez Rubinos e o seu fillo D. Fernando, sobre unha lesión de engano na transmisión do lugar de Tosende de Arriba, Tosende de Abaixo e Casmiñavida. Neste documento insírese unha escritura outorgada na vila de San Xoán de Portomarín o 18 de febreiro de 1656, entre Antonio da Vila e o Licenciado D. Amaro Fernández Rubinos, da que resulta que o primero lle cedeu ao segundo, en pagamento de débedas e salarios, o lugar e a torre de Tosende de Camba xunto coas edificaciones anexas.

TORRE DE SANTA EUXEA

Na actualidade, e por desgracia, non podemos gozar desta construción que un día se erixiu nas terras de Guntín. As revoltas irmandiñas foron as responsables en parte da súa destrución, o cal non nos impide coñecer algo da historia do lugar. Segundo o Catastro do Marqués da Ensenada, o señorío de San Xoán de Santa Euxea era exercido por D. José Herbón, veciño da freguesía de San Pablo de Rivas. Nas proximidades do lugar onde se situaba a torre apareceron, entre outras cosas, un muíño de man romano. A isto témoslle que engadir tamén que se atoparon indicios da existencia no lugar dun camiño subterráneo que iría en dirección ao río. Como aconteceu en máis lugares, pedras que orixinariamente pertenceron a estas construcións, hoxe en día podémolas ver formando parte das vivendas do lugar.



TORRE DE SAN SALVADOR DE FRANCOS:

Presenta un estado ruinoso que só nos deixa apreciar vagamente a forma que no seu día puido ter. Xa aparece como torre en estado ruinoso no Madoz do ano 1847 que, xunto á descrición do lugar, fai referencia ao manancial de augas termo-sulfurosas que se encontran preto dela. Se observamos as ruínas da fortaleza, podemos apreciar a importancia que tivo no seu tempo, tanto pola construción en si coma polo seu dono do que xa se falou na historia do escudo de Guntín. Do que queda en pé na actualidade, podemos distinguir o que foi o corpo da torre, coa súa base case cadrada duns once metros de lado. Ao carón da torre había unha serie de dependencias lindeiras a esta das que se conservan algúns muros que, ao parecer, tiñan unha serie de maineis que puideron cumprir a función de troneiras. Este muro presenta tamén varias cavidades pequenas, dispostas igualmente como medios defensivos.
A torre aparece denominada como a de Mirapeixe, sen que se saiba con certeza absoluta o porqué desta denominación, aínda que se baralla como hipótese o feito de que algún dos seus donos ou ocupantes pertencesen a esta liñaxe.


TORRE DE SIRIVIÁN:

Desta torre dise que estaba situada nun montículo á beira do río Ferreira e, segundo a memoria popular, tiña unha altura aproximada duns trinta metros. O nome que se lle daba era o de Castelo dos Mouros. Existen algunhas referencias históricas que falan da existencia desta torre, unha delas é a que fai o mordomo do bispo de Lugo D. Alonso Enríquez que afirma que o bispo lle encomendaba ao fidalgo D. Álvaro Núñez o dominio das xentes de toda a ferrería de Servián. Tamén aparecen referencias históricas na concesión feita polo rei D. Fernando IV (1295-1312) para remunerar os grandes servizos de Frei Juan, no tempo no que foi o seu confesor e despois, cando era bispo, concedeulle por privilexio dado en Valencia o 12 de abril de 1311 para el e os seus sucesores, ademais da terra de Pallares con todos os seus dereitos, incluso o do señorío. Nomea unha serie de cotos nos que fai referencia ao da igrexa de Lugo dicindo textualmente “…..el coto de Lugo, cerca de la torre de Sirvián y el río”.

 



 
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007