Inicio arrow Historia e arte
luns, 06 febreiro 2012
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir

CASA TORRE DE LOUSADA (CASA DE TINO GRANDÍO):

No primeiro tercio do século XIX, era dono da torre D. Juan Seijas Ulloa e, segundo viña recollido no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España, era unha fortaleza de construción sólida. A pesar das distintas modificacións que sufriu a casa-torre co fin de acomodala como vivenda, aínda podemos apreciar nela sinais evidentes da importancia que puido ter na súa época. A parte posterior da casa ten unha lonxitude aproximada duns vinte e catro metros, e consta de dúas plantas. Pegada a esta fachada está a torre que se eleva un piso máis por riba da casa. Nesta parte alta ten un oco pequeno de fiestra, cunhas troneiras no piso intermedio e dúas na planta baixa, sen dúbida ningunha empregadas para a defensa con armas de fogo.
Este tipo de construcións están cheas de historia e de acontecementos que permanecen reflectidos tan só na memoria colectiva da xente. Así, unha delas fala de que no patio da casa había una cadea que descendía dende a torre ata un pío e que calquera reo perseguido pola xustiza que lograse librarse da cadea era absolto de calquera delito que cometese. Non menos sorprendente é a que fala dun acontecemento que tivo lugar cando o Goberno, no seu afán de quitarlle poder a este tipo de casas, mandaban que se lles rebaixase á súa altura. Este tipo de mandatos sucedíanse ao longo dos anos e así, a última vez que mandaron que se rebaixase a torre, o seu dono daquela saíu ao encontro do mestre que era o encargado de dirixir a obra. Cando o atopou cortoulle as mans e arrebatoulle a documentación que levaba nelas. Despois montou nun cabalo e dirixiuse cara ao lugar coñecido como Pozo de Arqueán, no río Miño, onde afogou.
Na actualidade, a casa é coñecida por ser o lugar onde naceu o laureado pintor Tino Grandío.

A CASA GRANDE DO VILAR:

A Casa Grande do Vilar atopámola na parroquia de Ourol e, como acontece na maioría dos casaríos e pazos galegos nacidos arredor do século XVII e XVIII, atopámola encadrada nun sector de riqueza natural con abondosas carballeiras, pastos e terras de labor. Os señores do Vilar, dende o ano 1.700, teñen domicilio en Lugo capital, feito que explica que a casa non sufrise case reformas e que chegase ata os nosos días tal e como era nas súas orixes. O edificio levántase sobre unha planta cuadriculada, dun só andar e con cuberta a catro augas. A fachada principal está composta de perpiaños de granito ben colocados e cun remate dun saliente de tres molduras. Podemos ver nela unha ampla portada alintelada con seis fiestras. Da porta principal chegamos a un amplo patio que separa en dous corpos o casarío. Nos catro panos que forman o patio atopamos, entre outras cousas, unha interesante porta de arco de medio punto que no pasado puido ser a entrada ao habitáculo superior. Acompañan a este conxunto varias portas de servizo, antigas cortes, cortellos, forno e outros útiles.Fotografía da Casa Grande de Vilar
Á cara norte da casa chégase pasando por baixo dun gran portalón que nos dá paso ao contorno onde está o hórreo, a aira e o que no seu día foi o xardín. No andar ten varias fiestras e un pequeno balcón a pano coa parede. No centro está a porta de entrada ao interior, á que se chega por una ampla escalinata cun pasamáns moldeado de cantería. Sobre a cuberta, sobresae unha interesante cheminea cuadricular con remates típicos do barroco galego.
Xa fóra do conxunto da casa atopamos a capela familiar que, de máis recente construción ca a casa, ten planta cadrada e tellado a dúas augas. A súa arquitectura está formada por unha fachada de cantería, con porta alintelada, e sobre ela un pequeno saliente onde están gravadas as letras Pardo e o ano de 1.766. A porta principal olla cara á fachada da casa á que se accede a través dunha pequena escalinata, tamén de cantería, con varios chanzos de forma semicircular.
A casa loce na súa fachada unha pedra armeira, en cuartos e labrada con dúas torres e dous leóns rampantes, alegoría moi asidua en certa época ao Reino de Castela. Nun lateral do patio existe un oco no que supostamente houbo no pasado un escudo da familia que actualmente non existe. Nuna parede da capela aparece un pequeno escudo dos Ulloa, e xa portas para adentro existe nunha arca tallada e decorada coa aguia dos Pardo.



 
Axenda
« < Febreiro 2012 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007