Inicio arrow Feiras e festas
Saturday, 04 September 2010
CONCELLO
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Trámites Municipais
Perfil do Contratante
Contacte
GUNTIN
Localización
Parroquias
Historia e arte
Fototeca
Personaxes destacados
Demografía
Etnografía
Infraestruturas
Asociacións
Teléfonos de Interese
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Feiras e festas
Axenda Cultural
Encuestas
A través de que medio coñeceu a existencia do portal web de Guntín?
 
FESTAS E FEIRAS PDF Imprimir

FESTAS PATRONAIS DO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES:

Guntín conta con 31 parroquias nas que se celebran, na maior parte delas, festas en honra ao patrón ou patroa da parroquia. Aínda que ás veces as datas poden variar dun ano para outro, as datas de celebración son as que se relacionan a continuación:

PARROQUIA FESTA EN HONRA A DATA
VILAMAIOR DE NEGRAL AS DORES TERCEIRO DOMINGO DE SEPTEMBRO
SAN ROMÁN DA RETORTA VIRXE DO CARME TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XULLO
SANTIGAO DE ENTRAMBASAUGAS SANTIAGO PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE AGOSTO
VILAMEÁ O SACRAMENTO ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE XUÑO
LAMELA SANTA MAGDALENA TERCER FIN DE SEMANA DE AGOSTO
GOMELLE FÁTIMA FIN DE SEMANA POSTERIOR AO 13 DE MAIO
SAN SALVADOR DE CASTELO SAN SALVADOR DÍAS 10 E 11 DE XULO
ZOLLE SANTA MARIA PRIMER FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
PRADEDA SANTA EULALIA SEGUNDO FIN DE SEMANA DE XUÑO
SAN VICENTE DE VILAMERELLE VIRXE DO CARMEN TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XULLO
VILLERMAO SAN MIGUEL ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
GUNTÍN VIRXE DOS REMEDIOS PRIMER FIN DE SEMANA DE XULLO
GROLOS O CORPIÑO TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XUÑO
OUROL SANTA ISABEL TERCER FIN DE SEMANA DE JULIO
FRANCOS SAN SALVADOR PRIMER FIN DE SEMANA DE AGOSTO
PIÑEIRAS SAN MAMED DÍAS 17 E 18 DE AGOSTO
MOUGÁN SANTO ÁNGEL ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
MOSTEIRO SANTA MARIA DÍAS 15 E 16 DE AGOSTO
A MOTA SAN ESTEBAN SEGUNDO FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
SANTIAGO DE FERROI VIRXE DAS ANGUSTIAS ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
FERREIRA O ROSARIO ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTIEMBRE
SANTA MARIA DE FERROI SANTA MARIA ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTIEMBRO
SAN CIPRIAN DE MONTE DE MEDA SAN CIPRIAN PENÚLTIMO FIN DE SEMANA DE SEPTEMBRO
GROLOS   TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XUÑO
MONTOUTO (PARROQUIA DE SIRVIAN)   24 DE AGOSTO DE 2006
LOUSADA SANTA EULALIA 24 DE AGOSTO DE 2006
SAN VICENTE DE VILAMERELLE SAN VICENTE TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XULLO
OUROL   TERCEIRO FIN DE SEMANA DE XULLO
NAVALLOS   25 DE XUÑO
CONSTANTE   3 DE XUÑO
SAN MAMED DE LOUSADA   TERCER FIN DE SEMANA DE AGOSTO
MOSTEIRO   DíAS 15 E 16 DE AGOSTO

 

(Algunhas das datas aquí reflectidas poden sufrir variacións dun ano a outro.)

A maior parte destas celebracións populares coinciden cos meses de verán posto que son as datas sinaladas nas que as familias aproveitan para realizar as reunións familiares pois os meses estivais son os meses de vacacións por norma xeral. As aldeas aumentan considerablemente o número de habitantes que ano tras ano regresan desde diferentes puntos da nosa xeografía para pasar unha temporada na terra que os veu nacer. As celebracións son moi semellantes e comezan por norma xeral coa celebración da liturxia para pasar á procesión e despois e antes do xantar gozar coa música da orquestra, que repetirá actuacion á noite.


FEIRAS DO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES



FEIRA DE GROLOS:

Celébrase no campo da feira da parroquia de Grolos o día 23 de cada mes. Nela podemos atopar vendedores ambulantes de produtos téxtiles, artigos de ferretería, etc, pero, sobre todo, caracterízase e ten a sona no referente á venda de gando porcino. No mesmo lugar pódese degustar un típico prato de polbo.

FERIA DE LOUSADA:

Celébrase os días 5 de cada mes, na parroquia de Lousada.


FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DE MOUGÁN


Fotografía da Festa do Pemento de Mougán A FESTA DO PEMENTO DE MOUGÁN está a contribuír de forma extraordinaria á recuperación deste produto único e exclusivo destas terras de Guntín de Pallares. O feito de dalo a coñecer no exterior fai que a súa demanda aumente considerablemente, o que provoca no só que non se perdan as técnicas ancestrais de cultivo, senón que medre a produción e que non se escatimen coidados para obter un produto singular.
Proba disto é que as explotacións familiares nas que se cultiva a maior parte da produción están moi coidadas e non se escatiman esforzos co fin de obter un pemento de calidade que cumpra as expectativas do consumidor. O consumidor que proba unha vez este manxar sempre repite posto que o seu sabor é incomparable e inconfundible.
O nome do pemento de Mougán comeza a ser coñecido cada vez en máis lugares, en parte grazas á celebración desta festa, que ano tras ano congrega un maior número de asistentes.
A festa gastronómica celébrase o último sábado do mes de agosto na área recreativa da carballeira de Meixaboi onde no ano 2.006 se celebrou a V EDICIÓN. Nesta festa que comeza xa á mañá, os asistentes poden gozar da boa música das orquestras, das bandas, das charangas e das agrupacións folclóricas. A lectura do pregón que cada ano trae ata Guntín persoas por todos coñecidas, dá paso á degustación gratuíta do produto motivo da festa que servido fritido ou en tortillas fai as delicias dos alí presentes. Chama a atención que aqueles que o proban por primeira vez quedan abraiados polo seu sabor que tal e como din é totalmente diferente a outro tipo de pementos.
Xa á tarde se celebra o tradicional campionato de tute que cada ano conta cun maior número de participantes que xogan ata ben entrada a noite para, unha vez rematado, pasar á entrega dos trofeos.
Os que o desexen poden gozar dunha comida á sombra dos carballos centenarios repartidos pola carballeira, ou ben acudir ao bar que se instala no recinto. Diferentes postos de produtos típicos e artesanía acoden todos os anos ata Guntín para promocionar os seus produtos reclamados pola cada vez maior afluencia de xente que a pesar de que a data coincide con outras coñecidas festividades galegas, non deixa de acudir a este evento gastronóm

 
Axenda
« < Setembro 2010 > »
L M Mc X V D D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Concello
Envianos imaxes dos teus recunchos e festas favoritas
Concello 982320001- Centro de Saúde de Guntín 982320905 - Centro de Saúde de Lousada 982208243 - Garda Civil 982320007