|
SERVIZO DE LIMPEZA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS |
|
|
EXPTE: SERVIZO DE LIMPEZA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS.
A fin de dar cumprimento ao disposto no artigo 21.4 do Real Decreto 817/2009. de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, faise público no prazo e forma, a composición da Mesa de Contratación nomeada para asistir ao órgano de Contratación competente na adxudicación do servizo de limpeza polo procedemento negociado sen publicidade dos seguintes edificios municipais:
Centro Médico e P.A.C.
Casa Consistorial.
Colexio Público e C.P.I. Tino Grandío.
Presidente:
O Alcalde do Concello: D. Jesús Carreira Ferreiro
Vogais:
O Secretario-Interventor da Corporación: D. José Luis Vázquez Méndez.
A Axente de Desenvolvemento Local: Dna. María Jesús Grandío Río.
Secretario:
O Tesoureiro do Concello: D. Eduardo Fernández Arias.
Técnico Asesor:
A arquitecto técnico municipal Dª Mercedes Maseda Martínez, a efectos de valoración de melloras.
En Guntín, 11 de decembro de 2.009.
O Alcalde,
Asdo.: Jesús Carreira Ferreiro.
|