|
EXPTE: CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SÓLIDOS URBA |
|
|
|
EXPTE: CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.
A fin de dar cumprimento ao disposto no artigo 21.4 do Real Decreto 817/2009. de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, faise público no prazo e forma, a composición da Mesa de Contratación nomeada para asistir ao órgano de Contratación competente na adxudicación do Servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.
Presidente:
O Alcalde do Concello: D. Jesús Carreira Ferreiro.
Vogais:
O Secretario-Interventor da Corporación: D. José Luis Vázquez Méndez.
A Axente de Desenvolvemento Local: Dna. María Jesús Grandío Río.
Secretario:
O Tesoureiro do Concello: D. Eduardo Fernández Arias.
Técnico Asesor:
A Arquitecto Técnico Municipal: Dª. Mercedes Maseda Martínez, a efectos de valoración de melloras.
En Guntín, 24 de decembro de 2.009.
O Alcalde,
Asdo.: Jesús Carreira Ferreiro
|