|
BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL ( PROGRAMAS DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA-ENTIDADES LOCAIS 2010 ) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES
1.- OBXECTO.- Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de “PEÓN ALBANEL (4), OFICIAL DE 1ª ALBANEL (1) E PEÓN LIMPEZA (1)”, conforme co previsto nos artigos 12 e 13 da Orde de 19 de febreiro de 2010 ( DOGA número 40 de 1/3/10 da Consellería de Traballo e benestar, reguladora das axudas referidas a Programas de Cooperación Xunta de Galicia- Entidades Locais 2010 solicitadas polo Concello de Guntín de Pallares, Lugo e subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar. As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web www.
2.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN
Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de duración determinada de interese social estando a súa relación laboral determinada polo que así estableza o Convenio Colectivo de edificacións e obras públicas provincial (peóns e oficial 1ª albaneles) e o de oficinas e despachos provincial ((peón limpeza). Os contratos de traballo terán carácter temporal, cunha duración de doce meses e a xornada será completa.
3- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE
O proceso se iniciará exclusivamente, coa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo Público de Emprego de Galicia. O número de prazas a ofertar será de 5: 3 peóns albaneles, 1 oficial 1ª albanel e 1 peón limpezaA oficina de emprego comunicará aos candidatos o lugar, día e hora no que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín de Pallares a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante. 4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES Os aspirantes terán superado os estudos de:
| Nº TRABALL. |
OCUPACIÓN |
TITULACIÓN |
| 3 |
Peón albanel |
Certificado escolaridade ou equivalente |
| 1 |
Oficial 1ª albanel |
Certificado escolaridade ou equivalente |
| 1 |
Peón limpeza |
Certificado escolaridade ou equivalente |
5.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.
a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base terceira.No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f) Ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
g) Con carácter xeral, non ser contratado no marco de programas de cooperación por un período superior aos nove meses nos tres últimos anos, contados dende a finalización do último contrato.
6.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN
6.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.-
O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros: PresidenteSecretario4 Vogais Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes. Todos os membros do Tribunal terán voz e voto, agás o Secretario que so ten voz. Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual. O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada. Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo.
6.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.
7.- SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección será o concurso
8.- BAREMO DE MÉRITO
Poderase obter ata un máximo de 11 puntos
8.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS
Titulación: certificado de escolaridade ou equivalente.A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto.
8.2.- EXPERIENCIA PROFESIONAL
A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 2,4 puntos Por cada ano completo traballado nun posto igual ou similar con funcións directamente relacionadas co posto a cubrir: 1,2 puntos. Prorratearánse os períodos inferiores ao ano
8.3.- DESEMPREGO
A puntuación máxima neste apartado será de 2,4 puntos. Por cada mes completo, en situación de desemprego total desde o último fin de contrato valorarase 0,2 puntos.
8.4.- ENTREVISTA CURRICULAR
A entrevista valorarase ata un máximo de 5,2 puntos.A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca
9.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:
A) Documentación acreditativa dos méritos.
Os candidatos convocados polo Servizo Público de Emprego de Galicia, deberán presentar os seus méritos con anterioridade a data da entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante: Currículo vitae actualizado e acreditado mediante:- Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.
- Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc.
- Certificado de períodos de inscrición emitido polo Servizo Público de Emprego de GaliciaNon se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.
Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.
B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.
10.- CUALIFICACIÓN FINAL.-
A cualificación final virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.
No caso de empate acudirase ao establecido no artigo 12.4 da Orde do 19 de febreiro de 2010 ( DOGA número 40 de 1/3/2010) .
11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN
O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín de Pallares e na páxina web da Entidade.O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados . No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos, En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma
12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación
a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.
b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.
c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.
e) Acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
f) Declaración xurada na que se manifeste que non foi contratado no marco de programas de cooperación por un período superior aos 9 meses nos 3 últimos anos, contados desde a finalización do último contrato
g) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria
O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Edictos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.
13.- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN
Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas.
14.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes
15.- RECURSOS.
Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.
Concello de Guntín de Pallares, data 21 de xullo de 2010
Sinatura.
|