Inicio arrow Perfil do Contratante arrow Contratacións Programadas arrow BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL PRESTACION DE SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTIN
domingo, 20 maio 2012
Ayuntamiento
Bienvenida del Alcalde
Grupos municipales
Corporación municipal
Trámites Municipales
Perfil do Contratante
Contacte
El Ayuntamiento
Localización
Parroquias
Historia y arte
Fototeca
Personajes
Demografía
Etnografía
Infraestructuras
Asociaciones
Teléfonos de Interés
Turismo
Interés Turístico
Gastronomía
Ferias y fiestas
Agenda Cultural
Encuestas
¿A través de que medio ha conocido la existencia del portal web de Guntín?
 
BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL PRESTACION DE SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTIN PDF Imprimir

ANUNCIO   

O Concello de Guntín, convoca, en réxime laboral, por obra ou servizo, para a substituir  a unha traballadora que está de baixa labaral, a seguinte praza para a súa provisión mediante concurso de méritos: 

-         Auxiliar de axuda a domicilio.

-         Prazo de duración: mentras dure a baixa da traballadora que substitúe.

-         Data e hora da selección: 18 de xaneiro de 2011 as 12 horas.

-         Lugar da selección: Casa do Concello de Guntín sita en crta/ Santiago nº 12 -27211-Guntín de Pallares-Lugo. 

Os interesados en participar poderán presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Guntín, antes da hora fixada para a entrevista, a documentación que acredite os méritos que alegue o interesado/a Bases da convocatoria: os interesados poderán consultar as bases da convocatoria no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina Web do Concello www.ayuntamientodeguntin.es, no apartado perfil do contratante.  

Guntín, 13 de xaneiro de 2011. O Alcalde,      

Asdo.: Jesús Carreira Ferreiro.  

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL  PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES 

1.- OBXECTO.- 

Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na selección de “AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO” As bases publicaranse no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web www.ayuntamientodeguntin.es, no apartado Perfil do Contratante  

2.- FUNCIONES A DESEMPEÑAR:

as mesmas e co mesmo horario que a persoa a quen sustitúe. 

3.- RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES COA ENTIDADE SOLICITANTE CONCELLO DE GUTIN 

Os traballadores estarán vinculados á entidade solicitante, mediante a modalidade de contrato de obra ou servizo . O contrato de traballo terá  carácter temporal, durante o tempo que dure a baixa de unha traballadora. 

4- ASPIRANTES QUE PODEN PRESENTARSE 

 O proceso se iniciará coa publicación  da oferta de emprego no diario O Progreso e no tablon de anuncios do Concello . O número de prazas a ofertar será de 1 auxiliar de axuda a domicilio.En dita orferta comunicaráse aos candidatos o lugar, día e hora no que deberán asistir para realizar a selección orientada a cubrir a oferta de emprego formulada, indicándolles que deberán presentar con anterioridade a hora fixada para a Entrevista e a través do Rexistro Xeral do Concello de Guntín de Pallares a documentación que acredite os méritos que alegue o aspirante. 

5.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES 

Os aspirantes terán superado os estudos de: 
TRABALL. OCUPACIÓN TITULACIÓN
1 Auxiliar de axuda a domicilio auxiliar de enfermería en xeriatria 
    Carnet de conducir 

           6.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES 

Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data fixada para a realización da entrevista e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas as probas selectivas, antes de que se dite resolución a favor dos aspirantes que vaian ser contratados temporalmente.

a)      Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57  da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b)      Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto ao que aspira. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións que os demais aspirantes.

c)      Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d)      Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e)      Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido na base terceira.No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación

    

         7.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN 

7.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.- 

O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por cinco membros: PresidenteSecretario4 Vogais Por cada membro do tribunal nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes. Todos os membros do Tribunal terán voz e voto, agás o Secretario que so ten voz. Non poderán formar parte dos Tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou o persoal eventual. O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Alcalde- Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especializacións iguais ou superiores as esixidas para o acceso a función convocada. Todos eles deberán estar adscritos a un posto de traballo que requira igual ao maior  nivel de titulación esixido para cada un dos postos de traballo. 

7.2.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN 

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores.  

8.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso  

9.- BAREMO DE MÉRITO 

Poderase obter ata un máximo de 7 puntos   

9.1.- TITULACIÓNS ACADÉMICAS Titulación: Auxiliar de enfermería en xeriatría (obrigatorio). Puntuación 1 punto. 

9.2.- OUTRA FORMACIÓN: Titulación: Carnet de conducir (obrigatorio).Puntuación 1 punto 

9.3.- IDIOMAS. 

Cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega.A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto. 

9.4.- EXPERIENCIA PROFESIONAL Por experiencia en posto igual ou similar. 1 punto 

9.5.- ENTREVISTA CURRICULAR 

A entrevista valorarase ata un máximo de 3 puntos.A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relación coas funcións á que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca e tamén dispoñer de coche propio e dispoñibilidade horaria.  

10.- MODO DE ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS: 

A) Documentación acreditativa dos méritos.            

 Os candidatos , deberán presentar os seus  méritos con anterioridade a  entrevista no Rexistro Xeral da Entidade, coas xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co posto/función que se convoca, mediante:   

 Currículo vitae actualizado e acreditado mediante:

-          Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, ou certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou contratos de traballo da empresa se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza/posto/función.

-          Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, másters, etc. Non se valorarán os méritos que non se acrediten documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados. Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse  na data da realización da entrevista , computándose en calquera caso ata a citada data.           

B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

 11.- CUALIFICACIÓN FINAL.

- A cualificación final  virá determinada pola sumas das puntuacións obtidas no concurso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados. 

12.- PROPOSTA DE SELECCIÓN 

O presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o Alcalde- Presidente do Concello, sen que esta poida superar o número de postos . A devandita proposta publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello de Guntín de Pallares e na páxina web da Entidade.

O Tribunal establecerá a orde do resto de aspirantes que non foron seleccionados .        

 No obstante o anterior, sempre que os órganos de selección propuxeran a resolución do proceso selectivo a favor de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes da contratación o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos,  

En caso de renuncia expresa á contratación por parte dos candidatos seleccionados procederase á contratación do seguinte na relación dos non seleccionados de acordo coa orde establecida na mesma 

13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN 

Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Guntín a seguinte documentación

a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.

c) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados  xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.

e) Acreditación de ser desempregado e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

f) Declaración xurada na que se manifeste que non foi contratado no marco de programas de cooperación por un período superior aos 9 meses nos 3 últimos anos, contados desde a finalización do último contrato

g) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no Taboleiro de Editos, prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.  

14.- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN 

Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos, o Alcalde- Presidente resolverá o procedemento selectivo, decidindo a contratación.A non presentación no posto de traballo no día e hora indicados para o comezo da relación laboral, enténdese como renuncia ao posto de traballo salvo causas debidamente xustificadas. 

15.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN. 

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación, estando os órganos competentes da Xurisdición contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destes 

16.- RECURSOS. 

Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o  Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Guntín, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da presente notificación ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora da devandita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro que estime procedente.Concello de Guntín de Pallares, data  12 de xaneiro de 2011

Sinatura.

 

 
 
< Ant.   Seg. >
Agenda
« < Maio 2012 > »
L M Mc X V D D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Ayuntamiento
Envianos imágenes de tus rincones y fiestas favoritas
Ayuntamiento 982320001 - Centro de Salud de Guntín 982320905 - Centro de Salud de Lousada 982208243 - Guardia Civil 982320007