

Mediante Resolución ditada pola Directora Xeral de Administración Local concedéuselle ao Concello de Guntín ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva , destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. (Diario Oficial de Galicia ním. 110 do 15 de xuño de 2026), unha subvención por importe de 15.928,01€ coas seguintes caracterísiticas:
Denominación do proxecto:
Material de prevención de incendios
Obxecto do proxecto:
-Adquisición de vehículos e/ou as súas adaptacións para mantemento e limpeza preventiva de contornos de vías e camiños municipais.
- Adquisición de maquinaria forestal lixeira eléctrica.
- Adquisición de vehículos complementarios para as tarefas forestais de prvención e as súas adpatacións.
Custe elexible do proxecto: 25.773,48€
Importe da subvención: 15.928,01€
Axuda FEDER (60%): 15.928,01€
Encádrase na estratexia do programa, os principais retos e as respostas estratéxicas, de maneira seguinte:
- Obxectivo político 2, que busca unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara unha economía con cero emisións netas de carbono e resilente promovendo, entre outras medidas, unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible. Dentro deste obxectivo, as medidas de fomento reguladas nesta orde sitúanse na prioridade P2A Transición verde.
- Obxectivo específico RSO2.4, Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resilencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas.
- Actuación 2.4.05. Medidas de prevención e extinición de incendios.
- Categoría de rexión: En transición
- Cadro de categorías [46], segundo o establecido no programa:
- Dimensión 1, Tipo de intervención:
059. Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: incendios (incluidas accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos)
- Dimensión 2. Forma de axuda: Subvención
- Dimensión 3: Mecanismo de intervención territorial: 26-Cidades, municipios e extrarradio.
- Dimensión 4. Actividade económica: 01- Agricultura e silvicultura.
- Dimensión 5. Localización de operación: ES112
- Dimensión 6. Igualdade de xénero: 03_Neutralidade dende o punto de vista de xénero.
Os indicadores de realización asociados a esta axuda son os seguintes:
- Identificador: RCO24
Nome: Investimentos en sistemas novos ou mellorados de seguimeno, preparación, alerta e resposta ante catástrofes.
Unidade de medida: €
Valor estimado para esta operación: 26.546,69€
- Identificador: RCO28.
Nome: Xona cuberta polas medidas de protección fronte aos incendios forestais
Unidade de medida: hectáreas.
Valor estimado para esta operación: 7.595 ha
A axuda concedida contribuirá á consecución dos seguintes indicadores de resultado:
- Identificador: RCR36
Nome: Poboación que se beneficia da protección fronte aos incendios forestais.
Unidades de medida: persoas
Valor de referencia: 2.501 persoas

