Mediante Resolución de concesión de axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ao Concello de Guntín foille concedida unha subvención por importe de 19.576,17€ ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026.

