Avda. de Santiago, 12 - Guntín - 27211 - Lugo
 982 32 00 01  concellodeguntin@gmail.com

MARÍA JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUNTIN (LUGO)

FAI SABER:

Que o vindeiro MARTES, 3 de MAIO DE 2022 está previsto que den comezo as obras de arranxo da Estrada Nacional 540 ao seu paso polo Concello de Guntín, motivo polo que se AGRADECE que durante o tempo que duren as citadas obras non se estacionen os vehículos en ningunha das marxes do vial.

Guntín, 29 de abril de 2022.