Avda. de Santiago, 12 - Guntín - 27211 - Lugo
 982 32 00 01  concellodeguntin@gmail.com

           

 

A Dirección Xeral de Administración Local pertencente á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes concedeulle ao Concello de Guntín unha subvención por importe de 117.205,54€ para un orzamento presentado de 149.010,55€ e un orzamento elexible de 146.506,93€ para levar a cabo o proxecto denominado EFICIENCIA ENERXÉTICA DA CASA CUARTEL DE GUNTIN, subvención concedida ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter pluniranual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a Concellos de Galicia, cofinanciadas pola UNION EUROPEA no marco do programa Galicia Feder (2021-2027 (código de procedemento PR486D) Diario Oficial de Galicia nº 13 do 18 de xaneiro de 2024.

En data 22/04/2025 as obras descritas no proxecto  denominado PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA EDFICIACIÓN DA CASA CUARTEL DE GUNTIÍN foron adxudicadas á empresa GARCÍA Y SÁNCHEZ DE MELIDE, S.L. polo importe total de 134.977,92€, e un aumento do prazo de garantía. a maiores dos 12 esixidos por lei, de 30 meses. Publicación da licitación e da adxudicacion e formalizacion na páxina da plataforma de contratación do Sector Público no seguinte enlace https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion....