Avda. de Santiago, 12 - Guntín - 27211 - Lugo
 982 32 00 01  concellodeguntin@gmail.com

 

Mediante Resolución de Augas de Galicia concedéuselle a este Concello de Guntín unha axuda por importe de 38.662,00€ ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021, pola quie se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en  réxime de concorrencia competitiva, destinados á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

A axuda concedida vai destinada á execución do proxecto denominado: PROXECTO DE IMPERMEABILIZACIÓN DE DEPÓSITO MUNICIPAL E RENOVACIÓN DA REDE DE DISTRIBUCIÓN DE ABASTECEMENTO, proxecto cuxo orzamento de execución por contrata  ascende á cantidade de 48.328,25€