
Vista a Resolución de concesión de subvención de data 05/06/2024 ditada pola persoa titular do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a actuación denominada INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN PARA A ANTIGA ESCOLA DE GUNTÍN (Procedemento: Proxectos de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía) ao abeiro da Resolución do 05 de xuño de 2023 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº.: 114 de 16/06/2023), concesión coas seguintes condicións:
- Tipoloxía do beneficiario: As entidades locais territoriais previstas polo artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local ou calquera outra Entidade Local, ou supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituída e dotada de personalidade xurídica propia.
- Tipoloxía da actuación subvencionable: Aerotermia.
- Custo total do proxecto (sen IVE): 27.440,00€
- Custo subvencionable total: 25.000,00€
- Potencia de instalación (Kw): Aerotermia: 25,00 Kw.
- Custo Subvencionable Unitario Máximo (€/kW):1.000 €/Kw.
- Axuda base (€/beneficiario): 17.812,50€/beneficiario.
- Axuda adicional (€/beneficiario): 937,50€/beneficiario.
- Contía máxima da axuda solicitada: 18.750,00€.
Visto que a presente actuación se financia con fondos Next Generation EU: “Plan de Recuperación Transformación y Resilencia – Financiado por la Unión Europea – Next Generation EU”.
Vistas as características do contrato que se relacionan a continuación:
- Componente: 7 (C07) – “Despliegue e integración de enerxías renovables”.
- Inversión: I1 (C07.I01)- “Desarrollo de enerxías renovables innovadoras, integradas na producción e nos procesos produtivos”.
- Obxectivo de xestión:117 – “Capacidade adicional de produción de enerxías renovables innovadoras ou de valor engadido”.
- Etiquetado verde; “029 – Enerxía renovable solar”, cunha contribución a obxectivos climáticos do 100% e aos obxectivos ambientais do 40%.
Visto o réxime xurídico para contratos financiados polo Plan de recuperación, transformación e resilencia, sendo a normativa específica a que a continuación se detalla:
- Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
- Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar pola Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimento do cumprimento de hitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos componentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
- Orde HFP/55/2023,de 24 de xaneiro, relativa á análise sistemático do risco de conflito de intereses nos procedemetnos que executan o Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
- Real Decreto-Lei 36/2020, de 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plen de Recuperación, Transformación e Resilencia.
- Plan antifraude do Concello de Guntín, aprobado por Acordo Pleno de data 20 de setembro de 2022.
Visto o apoio do Ministerio para a Transición ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resilencia así como o mecanismo de recuperación e resilencia, establecido polo Regulamento (UE) núm 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.
Visto o proxecto denominado INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN PARA A ANTIGA ESCOLA DE GUNTÍN, redactado pola arquitecta Dna. María del Carmen Viño Vila (KM Arquitectos Viño López, S.L.P.) e cuxo orzamento total I.V.E. incluido ascende á cantidade de 36.160,85€: (29.885,00€ + 6.275,85€ de I.V.E.). que serviu para proceder á licitación das obras.
En data 17/09/2025 mediante Resolución da Alcaldía nº 2025-0304 se acordou aprobar o proxecto proxecto denominado INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN PARA A ANTIGA ESCOLA DE GUNTÍN, redactado pola arquitecta Dna. María del Carmen Viño Vila (KM Arquitectos Viño López, S.L.P.) e cuxo orzamento total I.V.E. incluido ascende á cantidade de 36.160,85€: (29.885,00€ + 6.275,85€ de I.V.E.).
Mediante o Decreto 2025-0342 de data 09/10/2025 se acordou nomear á arquitecta Dna. Gloria Margarita Trigo Mayor, directora de obra e coordinadora de seguridade e saúde das obras contempladas no proxecto denominado INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN PARA A ANTIGA ESCOLA DE GUNTÍN, redactado pola arquitecta Dna. María del Carmen Viño Vila.
Mediante o Decreto 2025-0341 de data 09/10/2025 se adxudicaron a D. Pablo Rodríguez Cabanas con D.N.I. 33.338.769-Q as obras de INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN PARA A ANTIGA ESCOLA DE GUNTÍN polo importe total de 34.953,27€ (I.V.E. incluído)
